Unha serie de manifestos e textos das vangardas máis coñecidas do século en Europa Occidental: futurismo, dadaísmo, surrealismo. Manifestos e textos que nos introducen no corazón do novo e do contemporáneo, e que permiten albiscar o que hai de moderno, aínda hoxe, nalgunhas desas vangardas. Textos e manifestos que están no centro do debate: ¿que é o novo, que é o contemporáneo, que é o moderno?