ESTEVO, como ten 5 anos, xa case é mago. A súa gorra, o seu monopatín, e o seu sorriso redondiño e feliz son os seus sinais de identidade. Vive nunha casa de ventos, que, ademais de seren amigos seus, abrázano, quérenlle e cántanlle. Ten moitos máis amigos: Dubra, a trasniña da chuvia; Paulo, o trasniño máis pequeno; e o fantasma Pufpuf. Algunhas veces, o mago das Tormentas mándalles ventos e lóstregos perigosos, pero, ao final, todo sae ben grazas á axuda do seu bo amigo o vello mago do Vento.