MENIÑEIRA, trasniña ecoloxista de 4 anos. Vive na fraga onde ten moitos amigos: Choncha (a formiguiña lista); Adolfo (o saltón sabio e vello); o esquío Pelado, que sabe de todo; e, a súa mellor amiga, a aguia Branca, que, ao que a chamas, acode veloz dende calquera lugar da terra.