As terras, os costumes, os habitantes, non é o que máis surprende ao colonizador perspicaz. É, sobre todo, a lingua, o código no que se entenden os poboadores desas terras. Desde ese preciso instante, o colonizador e os seus axentes só terán unha teima: destruír esa lingua. A lingua é o parapeito do pobo ?deica o día (conclúe Calvet) no que este reenvíe aos cubos do lixo da historia a lingua dominante que acariñan os seus actuais dirixentes?. Tradución do francés de Xoán Fuentes Castro.
