O ser e a cultura, a historia dun pobo, ten a súa expresión máis fidedigna na lingua. Cómpre ir aclarando o noso pasado. Hai que atreverse dunha vez a salvar esa liña tabú do mundo romano, que evidentemente non pode responder de todo o noso pasado e lingua. Este libro faino, mais cómpre agora aos estudosos, confirmar ou repudiar as teses adiantadas.