O cabaleiro Lanzarote do Lago parte na busca da raíña Xenebra, raptada polo xigante Meleagant, fillo do rei Gorre, reino do que xamais retorna ningún estranxeiro. Para rescatar a raíña, o cabaleiro non dubida en subir á Carreta, vehículo infamante, onde daquela eran paseados os delincuentes para o seu descarnio e deshonra. Tras superar as probas e dificultades que presenta o camiño, o cabaleiro chega á raíña Xenebra a forza de valor, fe e decisión.O autor de Lanzarote ou o cabaleiro da carreta foi Chrétien de Troyes, crego de Champaña, que escribiu esta obra, entre os anos 1177 e 1181, na segunda metade do século XII, baixo a protección de Alienor de Aquitania –muller do soberano inglés Henrique II e filla de María de Francia e de Felipe de Flandres–. Tódalas obras de Chrétien achegáronse dunha maneira ou doutra á corte de Artur, convertida polo xenio do escritor champañés en modelo de xentileza cortesá e proeza cabaleiresca.En Lanzarote ou o cabaleiro da carreta, como no seu incluso Percival e os contos do Grial, Chrétien adecuou á mentalidade do Occidente medieval as historias sacadas sen dúbida da literatura e das tradicións folclóricas celtas. O seu maxistral emprego das técnicas narrativas e da descrición de personaxes crearon toda unha escola que durante case un século seguiu o ronsel deixado por el. A súa mestría literaria resúmese na esixencia de acadar en cada relato unha boa conxuntura ou que é o mesmo, que o argumento (materia) que contitúe a trama do libro estea expresado dun xeito fermoso e coherente.