O presente libro, escrito antes do pasamento do seu protagonista, na sua primeira parte, alerta dos numerosos méritos intelectuais, literários, humanos e teatrais dunha das figuras que dentro do galeguismo mellor resume a história do século XX: Jenaro Marinhas del Valle (1908-1999). A segunda parte permite-nos acceder ás própias palabras e ao esclarecedor pensamento de Marinhas del Valle segundo a conversa que mantivo en 1988 con José Ma Monterroso Devesa e Henrique Rabuñal. Tanto unha parte como outra, aspiran a facer de Jenaro Marinhas del Valle alguén máis coñecido e máis recoñecido na Galiza do próximo século. Méritos, talento e dignidade non lle faltan.