O maior dicionario da lingua galega normativizado. Conta con máis de catrocentas mil definicións completas. Contén unha novidosa información etimolóxica discriminada para máis de setenta mil entradas, estranxeirismos e latinismos, termos científicos, técnicos e novas entradas do léxico que destacan a estatística, a mercadotecnia, a informática, internet e a xenética. Introduce xentilicios galegos e internacionais e termos de tribos, etnias e pobos do mundo. Remisións de sinonimia e antonimia , xunto a confrontacións terminolóxicas. Inclúe tamén entradas falsas de grande axuda nun momento de transición por mor da mudanza normativa recente. Entradas: 75.000/ Acepcións: 150.000/ Definicións: 400.000