Publicado por vez primeira en 1818, sempre foi un libro de inmenso éxito entre lectores de todo o mundo: por ser unha excelente ficción literaria que engaiola o lector desde as primeiras páxinas, pero tamén unha estimulante proposta reflexiva sobre problemas como as orixes da vida, as capacidades e límites da ciencia, a natureza humana e a súa corrupción coa sociedade.