Nesta Unidade faise unha análise dos caracteres dos fieitos, a orixe, a morfoloxía, o ciclo biolóxico e reprodución, a clasificación, os fieitos como plantas ornamentais, os fieitos na medicina, a chave das familias dos fieitos presentes en Galicia, a descrición, un pequeno glosario botánico, a bibliografía e unha actividade onde se propón a reprodución e cultivo dun fieito, como mellor xeito de observar o seu ciclo biolóxico.
