Dotado dunha elevada capacidade intelectual, Ferro Couselo dedicou a maior parte da súa vida a combater con resolta fortaleza o expolio ao que estivo sometido o noso patrimonio cultural. Perseverante, de integridade ética absoluta, organizou arquivos e documentos, rescatou vellos escritos, removeu a terra na procura das pegadas dos que antes foron nós, instalou museos, acadou diñeiro para escavacións, consolidou o estudado e puxo todo á disposición do seu país.