O encoro de Cecebre e o seu contorno representan un dos humedais de maior interese de Galicia. Así, na confluencia dos ríos Mero e o seu afluente o Barcés o contorno desenvólvese positivamente desde o punto de vista biolóxico, xurdindo un hábitat adecuado para o asentamento de aves acuáticas, rapaces, fríxilos, páridos etc., acompañados dunha crecente seu fauna de réptiles, certos mamíferos, anfibios, insectos... Esta guía pretende axudar ao coñecemento e a súa posta en valor para a súa necesaria protección.