—Arriba, durmiñón! Sabes que día é hoxe? Pasar de cumprir meses a celebrar o primeiro aniversario é todo un acontecemento, do que o noso protagonista nos fai partícipes a través do tacto. Trátase dun día especial: hai caricias, bicos, torta, e o primeiro agasallo; con el, tamén, o primeiro amigo.