Dende mediados dos anos sesenta moitas vilas galegas experimentaron un proceso de desenvolvemento urbanístico sen precedentes que está mudando notablemente a fisionomía do mapa urbano do noso país. Este libro ofrece un percorrido polos principais centros do interior, afondando na súa descrición e nas causas e consecuencias que envolven o crecemento económico e demográfico destes espacios, a medio camiño entre aldeas e cidades.