Joseph Conrad, quen gustou de chamarse o menos literario dos escritores, plasmou en `Corazón da escuridade´ a súa navegación para a Sociedade Anónima do Comercio do Alto Congo. `Corazón da escuridade´ é unha representación descarnada do imperialismo e dos límites sombrizos da subxectividade. Unha obra situada na liña de fractura entre a prosa artística e a literatura de masas, sofisticada e emocionante. Un delicado camafeo victoriano que amosa canto terror levamos os homes. Unha obra sublime, coma a sombra do aire na herba.