É unha critica esmagadora das terxiversacións postmodernistas e ao mesmo tempo ofrece unha lectura histórica das teorías de pensadores como Baudrillard e Lyotard. O sobrio pero optimista marxismo que impregna toda a obra, unido a unha grande erudición en teoría social e un profundo coñecemento da arte, o teatro e a arquitectura contemporánea fan de Contra o Postmodernismo un libro de lectura obrigada para comprender o noso tempo. Tradución do inglés de Estrella e Antonia Tato Fontaíña
