Xa está no mercado "Cestería de los Pueblos de Galicia", obra de Carlos Fontanles que recolle todo o saber da cestería artesanal na nosa terra, dende as tradicionais carozas contra a chuiva, ate as cestas de recollida de fungos e castañas, típicamente autóctonas do interior galego. A obra ven completada cun DVD que recolle unha lección maxistral, a modo de reportaxe, sobre a herdanza da cestería en Galicia, e a actual situación dos cesteiros.