Ir al contenido
Este traballo sobre homes e bestas, lobos e lume, bispos e párrocos... é unha proposta histórica e comunal de Galicia. Manuel Cabada desenvolve a súa investigación da memoria histórica e antropolóxica entregándonos unha obra de enorme interese cultural. Cabalos, mosteiros, frades, homes, lobos, lendas e mitos sometidos, desta vez, á ríxida análise científica, lonxe de fabulacións literarias ou místicas.