Ir al contenidoRelatos de aventuras (infantil/juvenil)
«Vols ser una bona pirotècnica? Camina sobre les meues flames!» Aquesta és la gran prova que el Dimoni del Foc planteja a Lila: si supera el repte, aconseguirà el sofre reial que li permetrà descobrir l'art sagrat de la pirotècnia. Aconseguirà Lila sobreviure sense sucumbir a les flames? Coratge no li'n falta, i així ho demostra en l'aventura trepidant i arriscada que emprén per a fer realitat el seu somni. Sort que té l'ajuda incondicional del seu amic Chulak i la de Hamlet, l'elefant blanc del rei.
Rematando o monzón, Sari embarca na dorna Preciosa á procura do seu mestre e amigo Simbad o Mariño. O vello piloto marchou un día sen avisar, deixando atrás nove misteriosos baúis e un ronsel de moitas horas de ensinanzas e conversas co rapaz. Na súa travesía polo mar maior, rumbo ao descoñecido, Sari chegará ata a Estrema do Mar, onde quizais atope esas illas que só coñecen aqueles que as soñan. Unha novela para os que teñen inocencia e entusiasmo no ollar, coa beleza como emblema e devezo.
Coas palabras e mais cos ollos dun neno, o pequeno Iago conta os seus primeiros pasos polo mundo: no colexio, na casa da súa curmá... e en todas as partes atopará amigos. Tanto os elementos gráficos coma os textuais están pensados para provocar unha sensación de proximidade e afecto co neno. Por un lado, a escritura en primeira persoa, cunha linguaxe moi sinxela e frases curtas e ordenadas; por outro, un debuxo caracterizado por unhas liñas redondeadas e unha ilustración en tons suaves, moi narrativa, que lles permitirá aos nenos seguir a historia tamén cando estean sós, sen o apoio do adulto. Libros pensados para os máis pequenos, con páxinas lavables e bordos redondeados.