Sentim la necessitat de tenir una ment equilibrada en un cos sa -Mens sana in corpore sano-, per això ens hem de cuidar tant físicament com emocionalment. Uns bons hàbits dietètics i nutricionals són bàsics per garantir l'estabilitat de l'organisme, sobretot en el món accelerat en què ens toca viure, on la manca de temps és un fet molt comú.A Menja bé, viu millor trobareu tot un seguit de consells i informació pràctica que aporta la doctora i experta en dietètica i nutrició Natàlia Flores, amb el perfecte complement de les receptes sanes, senzilles i gustoses elaborades pel prestigiós cuiner Quim Marqués.De la mà d'aquests dos grans professionals aprendrem a cuinar amb els aliments més adients per a cada una de les estacions de l'any, coneixerem les millors receptes per seguir una dieta desintoxicant, elaborarem els batuts més saludables i sabrem els trucs per menjar fruita més sovint. A més a més, disposarem d'una taula d'exercicis per fer còmodament des de casa.
Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. Proliferaron, aquí, publicacións sobre o celtismo, nas que todo era, e aínda é, celta, ou nas que a verba celta pouco máis ocupaba que unha parte do título. Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tène, tratados como culturas arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, a historiografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanse as fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un denso capítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e a relixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión na materia de Bretaña, polo achegamento céltico medieval que puido significar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacións sobre celtas. Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc polo autor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versión orixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas.