Mapas geográficos (especializados)



ATLAS XEOGRÁFICO E HISTÓRICO DE GALICIA E DO MUNDO (INÉS SANTA MARÍA OTERO)
Edicións do Cumio presenta a edición dun novo Atlas Xeográfico de Galicia e o mundo. Unha edición revisada e mellorada ao respecto da anterior na que poderá atopar unha pormenorizada descripción de Galicia, dende a Galicia histórica aos nosos días, con mapas de diversas épocas, mapas físicos, políticos e temáticos, fotografías, gráficas e diagramas, así como datos actualizados tanto no referente ao nosos país coma no caso do estado español e o mundo. Un traballo rigoroso, sen dúbida de grande utilidade para os estudantes, que conta ademais cun atractivo deseño que facilita o seu manexo.

ATLAS XEOGRÁFICO CUMIO DE GALICIA E DO MUNDO (EDICIÓNS DO CUMIO)
Edicións do Cumio presenta a segunda edición do Atlas Xeográfico, ADAPTADO Á NOVA NORMATIVA 2003. Unha edición revisada e mellorada ao respecto da anterior publicación desta editorial, o Atlas de Galicia e do Mundo de 1996. A singularidade de Galicia como territorio con personalidade propia, obríganos a facer unha lectura do mundo visto dende nós, partindo do círculo concéntrico máis inmediato e evoluíndo ata o máis distante, en concordancia co que sinalan os currículos vixentes no ensino obrigatorio. Dada a nosa posición xeográfica na Península Ibérica, optamos por tratar este espao físico como tal, sen facer que España ou Portugal tiveran entre elas maior ou menor relevancia e dando a información deste territorio completa, sen os tradicionais aillamentos que prescindían do próximo, presentando o seu tratamento cartográfico no capítulo de Europa. Completamos a cartografía con gráficas, mapas temáticos, diagramas e unha novidosa presentación da información relativa ao universo e ao mundo, procurando un deseño atractivo e claridade na exposición dos contidos. Do mesmo xeito e pola súa condición de Atlas galego puxemos especial coidado no tratamento da toponimia: os nomes dos lugares do mundo teñen nesta obra un marcado carácter de respecto coa súa propia lingua, sendo introducida a versión en galego, unicamente, cando a tradición deitou un uso frecuente no noso idioma.