Infantiles, Juveniles y didácticos



O BOSQUE ANIMADO
O bosque animado é o libro da Fraga de Cecebre, preto da Coruña. Nel latexa, algueirante e punxente, o buligar vital, polo común da xente inadvertido, da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo insospeitado da fraga, xunto coa tensa andaina humana duns seres conformados indubidablemente pola cultura galega. Este libro é unha invitación afervoada a descubrírmo-lo ricaz mundo de noso.