Geografía



DOMINGO FONTÁN E A CARTA GEOMÉTRICA DE GALICIA . UNIDADE DIDÁCTICA
O ano 2017 cumpríronse dous séculos do momento en que o matemático Domingo Fontán Rodríguez (1788-1866) iniciou a elaboración da súa magna obra, a Carta geométrica de Galicia, un mapa moderno e rigoroso que sería base cartográfica de proxectos de ferrocarril e de estradas e fonte para a elaboración doutros mapas. Por iso é un fito na historia da cartografía peninsular e un símbolo para Galicia. Co gallo desta efeméride, a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega decidiu preparar un material didáctico que axudase a difundir a relevante contribución de Fontán entre o público xeral e o escolar.