Gallego (galego)



HORAS (CORRAL IGLESIAS, JOSÉ ALBERTE)
... antes de repousar nos fundos oceânicos, chega o tempo abala no maor ausente, um reconhecimento necessário antes da última despedida, a do Corral que aguarda um reencontro com o seus própios fantasmas. Nestes últimos tempos, cada livro de Corral é um adeus, que ecoa nestas "Horas" mostrando o que ele foi capaz de viver. Trata-se da reconciliaçom com a sua vida, homenagem a aqueles que passaram e confissom. Nom chegará ao mar, ao mais profundo do oceano, com contas pendentes, pois em cada texto libra umha batalha contra si mesmo, aguardando qu ealgo de si o libere durante a descida aos fundos marinhos. Eis ca o sentido das "Horas" de Corral, ca também a mostra doutra vida necessária, precisa, constante. Os distintos estados que a luta diária nos brinda.

FADITA FOSCA! (VÁZQUEZ FREIRE, MIGUEL)
O avoíño de Saleta ten unha teima. Acabar con todas as malditas moscas que enchen a casa cando chega a calor. Saleta decide axudalo. Pero cazar moscas non é cousa doada. E á avoíña o resultado non lle convence nada nadiña. Ai, esa fadita fosca!

GALEGOCALANTES E GALEGOFALANTES (CALLÓN, CARLOS)
«Tócanos definir se imos permitir que destrúan o idioma propio do país ou se, polo contrario, imos ser a xeración que soubo facerlle fronte a esta lexión de enterradores», di Carlos Callón en " Galegocalantes e galegofalantes " , un libro-testemuño sobre o que lle ten acontecido á lingua galega desde que o PP retomou o poder autonómico en 2009. Nas súas páxinas analízanse as causas dos retrocesos e do inédito movemento social de resposta xurdido nese ano. Ademais, fornécense argumentos para continuar na defensa do idioma e anímase a que as persoas galegocalantes dean o paso a se transformaren en galegofalantes. É, pois, un libro que dá azos, razóns, forza e determinación. Galegofalantes, activémonos! Galegocalantes, unídevos!

CLEOPATRA. RAÍÑA DO NILO (DE PRÉMONVILLE, MARIE)
Como Raíña foi admirada e desprezada. Como muller, era poderosa e apaixonada. E como lenda, Cleopatra é unha das personaxes máis célebres da historia. Desde o seu ascenso ao trono até a súa tráxica morte, Cleopatra levou unha vida excepcional, polo que aínda hoxe estamos cativados polo seu encanto, intelixencia e valentía. Pero cal foi o seu destino como última raíña do Exipto? Como viviu e morreu esta gran muller?

SANATORIA . HISTORIA DOS NENOS RAROS (GRIMALT HORRACH, FRANCESC)
Este é un libro para nenos raros e sobre nenos raros. Se non es raro parecerache unha parvada e se non es neno quizais deberías ir ao médico. Os personaxes que aquí van aparecer, así como as súas vidas e todos os detalles sobre os seus costumes, rexoubas e indumentaria foron expostos coa máis rigorosa fidelidade e, para que vos fagades unha idea abondo aproximada do aspecto destes seres e lugares, incluín algúns estudos a lapis, realizados, por suposto, do natural. Pero empecemos polo principio. Todo este asunto rematou cando os oito fuxiron do sanatorio psiquiátrico durante unha fría noite de inverno. Falo, evidentemente, dos oito protagonistas desta historia, cuxos nomes son: Teo, Pés Mollados, Brais, o Xefe, Constanza, Orlando, Iván e Hugo.