María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhistoria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queridos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrarnos o perfil dunha destacada educadora. O presente estudo está organizado seguindo un criterio temático-cronolóxico. A esta introdución seguen catro capítulos dedicados aos catro ámbitos básicos da actividade de María Barbeito: o profesional, o benéfico-social, o literario-cultural e o das actividades cívicas e feministas. A eles segue un capítulo dedicado á traxedia que significou a depuración a que foi sometida e que determinou a separación da docencia, unha nova etapa na súa vida marcada polo silencio, a nostalxia e o sufrimento.
Sally McMahon es una mujer madura que padece una profunda depresión. Para salir del pozo, decide buscar la ayuda de un especialista. Visita a un joven siquiatra, en sesiones mensuales, durante dos años. En ellas van aflorando los conflictos y problemas más hondos de su enfermedad y de su vida: la vejez, la idea de la muerte, la sexualidad, la relación con los demás, la desilusión... Y también el provecho, o no, de las propias citas médicas. La protagonista habla a tumba abierta de su propia depresión. La prosa camina ágil y atrayente, los diálogos médico-paciente son enormemente reveladores y en ellos afloran pensamientos profundos alrededor de las grandes dudas, contradicciones y peligros de esta tan extendida enfermedad. En los momentos bajos, Sally solamente se consuela recordando delante del doctor los viajes que hizo por toda Europa en sus años dorados, cuando era una escritora reconocida.
Entre os anos 1978 e 1994 tivo existencia legal a Sociedade Cooperativa de Consumo para o Ensino «Escola Dramática Galega» (EDG). Durante eses dezaseis anos desenvolveu un intenso labor en diversos campos relacionados coa escena do país -e, por extensión, da cultura- que fan da EDG un punto de referencia na historia recente do teatro galego. Desde o seu seo non só se promoveu a actividade propiamente escénica, mais tamén se atendeu á formación de traballadores do medio, ao rescate de textos fundamentais da dramaturxia galega ou á investigación á volta da dramática e das festas parateatrais. A Escola Dramática Galega sostivo, igualmente, a publicación teatral de máis longa vida na historia de Galiza, en que viron a luz tanto obras dos clásicos e traducións de textos transcendentais da dramaturxia occidental como a producción de autores novos ou ensaios sobre diferentes aspectos envolvidos no feito teatral. Convocou, ademais, un Concurso de Teatro Breve que chegou á duodécima edición e a través do que se deu a coñecer un vasto grupo de dramaturgos. Aínda que cunha intensidade que variou dependendo do momento, a EDG mantivo tamén unha presenza importante nos diversos foros teatrais que existiron na Galiza durante eses anos. Ademais, nos seus espectáculos participaron un elevado número de actores que posteriormente proseguirían a súa carreira noutras agrupacións. A análise das iniciativas xestadas na Escola Dramática Galega, atendendo tanto as causas que determinaron o seu grao de consecución, como os efectos das mesmas sobre o conxunto do campo teatral, pode, pois, resultar moi revelador para entendermos unha etapa do teatro galego recente. Titulo: A ESCOLA DRAMÁTICA
A finais do século XIX, coincidindo co Rexurdimento, é publicado o cancioneiro de Pérez Ballesteros, en que se inclúen case 2.600 textos que o compilador foi recollendo da boca das galegas e dos galegos da altura. Dado que esas composicións tradicionais foron transmitidas fidedignamente segundo as cantaba o pobo, sen por tanto intervir o colector nos trazos da lingua, constitúen tales estrofes un magnífico expoñente de como era a oralidade galega do decembrar decimonónico. O estudo lingüístico do cancioneiro que agora Edicións Laiovento dá a lume, elaborado por Xosé Manuel Sánchez Rei, servirá para nos aproximarmos, cunha notábel dose de verosimillanza, das características do galego oral popular da época, e en especial da actual provincia coruñesa. Mais, igualmente, tamén coadxuvará na recuperación de casuísticas e xiros gramaticais usuais na altura, os cales hoxe, por factores totalmente alleos á lingua, se achan, non raro, nunha situación crítica de esmorecemento. E, en harmonía co desexo do autor e de Laiovento, eses trazos lingüísticos xenuínos presentes no cancioneiro e analizados nesta obra farán, con certeza, mellorarmos a calidade da lingua empregada na actualidade
Manuel María, escritor que cultivou ?e cultiva? todos os xéneros literarios, nesta súa nova entrega, de título ben significativo, tal vez intencionado e alusivo de Historias do empardecer, recolle unha serie de narracións sinxelas e directas, escritas en diversas épocas, fondamente enraizadas no vivir galego. A primeira parte componse dunhas instantáneas súbitas como ?retratos ao minuto? de aspectos moi concretos do acontecer diario deses seres inocentes e anxélicos coñecidos como toliños, privadiños, derramados ou persoas que ?non son ben de seu?. A segunda parte abrangue narracións que van desde o relato pseudohistórico ao paródico. Historias do empardecer son relatos abertos á monotonía do cotián que, por veces, transitan polos camiños máxicos da imaxinación. Para Edicións Laiovento supón unha honra moi especial poder incorporar ao seu catálogo unha obra dun dos grandes clásicos das nosas letras.
Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (infantil) 2014. Un lobo ouvéalle á lúa para que esperte. Ten algo moi importante que lle dicir. Dous animais pídenlle que cale. Temen que os ouveos esperten un gato rabudo que vive mesmo nese lugar. A insistencia do lobo fai que os animais fuxan buscando acubillo. Que quererá contarlle o lobo á lúa? Conseguirá o seu propósito sen que o gato esperte e o escorrente? Entre outras consideracións, o tribunal puxo en valor que a obra tece unha trama clara e atraente, adaptando claves de intriga e suspense ao imaxinario dos máis pequenos. Os desexos, os conflitos e as emocións presentadas resultan facilmente recoñecibles e contribúen harmonicamente á evolución do drama.
O número de turistas italianos en Galicia (e viceversa) vén incrementándose de xeito notable. Igualmente, cada vez son máis os alumnos italiano que cursan estudos de arte na Universidade de Santiago de Compostela. Moitos son tamén os graduados que van especializarse en calquera das ramas das Belas Artes a Italia, un país de referencia obrigada nesta disciplina e sinalado, ademais, como mercado xeográfico prioritario. A finalidade des Vocabulario Galego-Italiano das Belas Artes. Pintura é potenciar o coñecemento da terminoloxía específica das Belas Artes en galego e italiano e proporcionar, así, unha ferramenta útil para unha maior proxección do noso patrimonio artístico en Italia e na atención ao cliente italiano, contribuíndo a mellorar a calidade turística na nosa Comunidade e a difundir a cultura galega.