Ir al contenido
Máis de cento vinte chistes compoñen este libro de humor gráfico do humorista Fernando Quesada. Despois de moitos anos de colaborar no Faro de Vigo e Can sen Dono, Quesada, recolle neste libro unha escolma dos últimos anos, o que demostra que o bon humorista gráfico non caduca co paso do tempo.
Desde que en 1975 publlcou a primeira novela de vagueiros en galego, A Morte de Frank González, este Hemingway de Nogueira de Ramuín non parou de demostrar que mesmo é capaz de tirarlle a un as bágoas do máis fondo do corazón como facer rir coa súa sorna en boca dos afiadores. (Nacho Mirás, La Voz de Galicia, A Coruña) Franck González é desde rancheiro, xerif, xenete, bandoleiro, xeneral do exército da Unión ou xogador de cartas ata ferreiro ou monxe. A estructura da novela de Fernández Ferreiro, na que a oralidade xoga un papel trascendental, parte dos canons das novelas do oeste para alongar a súa estreitez e crear unha narración chea de gracia, vivacidade e orixinalidade. (Fran Alonso, Diario 16 de Galicia, Vigo). Xosé Fernández Ferreiro ten o mérito de iniciar espacios imaxinarios antes inexistentes. (Xosé M. Eiré, A Nosa Terra, Vigo) Xosé Fernández Ferreiro ten o mérito de ter escrito, con bo coñecemento do xénero, o primeiro western da literatura galega, a morte de Frank González. (Anxo Tarrío, Literatura Galega). Para Fernández Ferreiro o fundamental é contar, narrar unha historia, construir unha ficción. O seu estilo é directo, moi directo, sempre en función do contido, polo que nos recorda a Hemingway ou a Baroja. (Xavier Carro, Faro de Vigo).