O gasumelo é negro / como a psicose occidental do novo século / ausente de alteridade / Gasumelo combustión / pistóns présa e desaforo / ouro mesto do planeta / motores contra reló / É tamén morte do mar / naufraxio da verdade acantilada / precipitada ao
O xurado que lle concedeu a esta obra o IV Premio de Novela García Barros destacou dela a temática de actualidade que aborda: a marxinación dos minusválidos e a súa loita por acadar un nivel digno de consideración social. Este relato cru e arrepiante, de intención realista, é un manifesto ecolóxico fronte á agresividade despregada polo poder político e económico contra o medio natural, contra a mesma sociedade. O autor non renuncia a combatir a brutalidade dos poderes, non esquece a solidariedade cos feridos, non retrocede ante a inxustiza.
Negros espellos reune os mellores relatos de intriga e suspense de Ramón Caride. Caride Ogando sabe enganchar ao lector coas súas historias de suspense, nas que os vellos temas de rancores, ciúmes, fastíos, asasinatos e suicidios se envolven coa vestimenta sutil do destino. (Vicente Araguas). Os contos de Caride veñen ateigados de intensidade, de brevidade na escrita, mais non na forza emocional e na tensión estética da narración. Esta lograda adecuación entre tema e forma é o selo distintivo dos grandes contistas da literatura galega. (F. Martínez Bouzas). Reivindicamos Sarou como un dos mellores exemplos de relato negro que poidamos atopar na nosa literatura, exemplo prototípico do proceso de degradación humana (Xosé M. Eiré). Ramón Caride regresou á narrativa áspera, esteparia, que marcara os seus comezos. Volveu sobre as historias que agacha a vida cotiá. Son historias con paisaxe inmediata, chámese Sarou ou Louzós (Camilo Franco).
A través de los no siempre plácidos sueños del obispo don Lulio, el navegante lector terminará naufragando en todo un mundo lleno de alegoría en el que se verá arrastrado por un cauce desbordante de imaginería eclesial y literaria, repleto de un virtuosismo lingüístico donde las fábulas y mitos conformarán toda una arquitectura del símbolo.