Se a literatura galega, a unha idade xa tan provecta e respeitábel como ten, levara unha axenda persoal, ou mesmo un diario, apuntaría á altura de 1995: Por fin alguén berrou puta no meu seo! Quen é..? Nin a coñezo, chámase Lupe Gómez. E é de Fisteus, do confín das vacas.... E máis abaixo: Tenme sorprendida. Actúa coma unha nena pequena, si, pero coma esa cativa que deixa caír unha verdade dolorosa e suprema no medio dunha aborrecedora reunión de adultos. Ela abre a boca e de súpeto todo estala... Tamén en min...
Unha proposta renovada para o uso da lingua. 125.000 entradas. 40.000 acepcións. Dobre versión: entrada castelán e saída galego; entrada galego e saída castelán. Duplas entradas normativas de galego. Léxico patrimonial e culto, informática, ecoloxía Novo léxico específico: internet, mercadotecnia, xenética Xentilicios dos pobos do mundo. Locucións, refráns, frases feitas Actualizado coa normativa da academia Edición corrixida e aumentada