Gallego (galego)



VIXÍA OS SABLES AO CHEGAR FEBREIRO
O relato, aínda que enmarcado nun punto xeográfico concreto, o Miño, sobrepasa os lindeiros da realidade para acadar unha dimensión mítica, inzada de complexos simbolismos. Complexo resulta tamén o tratamento do tempo, onde o futuro cecais sexa só un pretexto para explicar o presente a través das selectivas secuencias do pasado, dende atalaias ben distintas, enlazadas pola procura, cecais imposible, da recuperación dos sinais de identidade individuais e colectivos

DICIONARIO XERAIS CASTELÁN – GALEGO
Entradas: O dicionario parte de 50.000 entradas, ordenadas alfabeticamente, o cal constitúe un amplisimo repertorio do léxico castelán que mesmo poderiamos cualificar de exhaustivo. Caracterización gramatical: Cando a palabra castelá da entrada ten un único sgnificado, tras a caracterización gramatical figura a palabra ou palabras galegas equivalentes sen ningún tipo de definición. Non obstante, nos casos en que a correspondencia das formas galegas e as castelás pode resultar ambigua ou problemática inclúese tamén unha breve explicación entre parénteses. Sinónimos: Dentro de cada unha das acepcións correspondentes ás entradas castelás inclúese un bo número de equivalencias galegas. Fraxeoloxía: Debaixo de moitas das entradas figura un apartado de fraxeoloxía que recolle frases feitas, modismos e diversas construccións do castelán coas súas correspondentes equivalencias en galego. Observacións: Algunhas das entradas complétanse cun apartado de observacións onde se aclaran algunhas particularidades do significado ou dos usos das formas galegas que se dan como equivalencias. Normativa: Actualización ortográfica de acordo coa última revisión normativa da RAG do 2003.

NEVE
A historia que Pamuk conta en Neve céntrase na viaxe dun poeta exiliado á meláncolica cidade de Kars, que acaba de sufrir unha vaga de suicidios de mozas por se lles prohibir o uso do veo. O obxectivo do poeta e protagonista da novela é escribir sobre esta cadea de feitos tráxicos. Pamuk aproveita a atmosfera da cidade, envolveita nunha nevarada constante, para elaborar unha metáfora da melancolía. A novela introduce a lectores e lectoras nun universo ficional no que a farsa, a crueldade e a violencia se personifican na cidade de Kars e na atracción que o poeta protagonista sente por unha muller, a fermosa Ipek, e pola figura dun terrorista carismático.