Os estudos de Economía en Galicia deron comezo hai 50 anos, no curso 1967-68, coa creación da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela O compromiso coa cultura galega foi e segue a ser unha característica inherente á Facultade, que apostou sempre polo fomento da arte galega, prestándose como depósito e adquirindo, durante todos estes anos, obras de arte para deleite tanto dos membros da comunidade universitaria como do público en xeral. Este libro pretende dar unha visión da arte galega nas facultades que imparten estudos de economía e empresa na nosa Comunidade. Polo tanto, nesta obra inclúense, ademais dos fondos artísticos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, as obras de arte da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC no campus de Lugo, da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo e da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo desa universidade no campus de Ourense.
La piedra y la luz son elementos inherentes a los pazos, torres y castillos que pueblan Galicia. La selección que ha hecho Javier Ozores no obedece, en contra de lo que en un principio se pudiera llegar a pensar, a factores que tengan que ver con el interés o con la belleza de este tipo de construcciones sino con el atractivo y con el encanto de las leyendas que celosamente guardan sus paredes. Las historias se relatan en orden cronológico y abarcan desde el siglo IX hasta la actualidad. Textos, diseño e imágenes (tanto las fotografías como las ilustraciones) establecen un diálogo cinematográfico y contribuyen a crear esa atmósfera mágica que caracteriza el contenido de cada una de las historias narradas. El libro se abre con un prólogo de José María Paz Gago.
A micoloxía constitúe unha ciencia apaixonante á que cada día se lle suman máis afeccionados que amosan o seu interese por coñecer non só novas especies, senón tamén outros aspectos destes seres vivos nos que a relación cos ecosistemas forestais ten unha fonda razón de ser. Esta obra conxuga estes dous aspectos e constitúe unha nova visión dos fungos, con información novidosa de temas ata agora pouco coñecidos e relacionados coa silvicultura. A historia da micoloxía en Galicia, o manexo dos fungos no laboratorio e no monte e a descrición pormenorizada das especies máis interesantes están presentes nesta obra, escrita cunha linguaxe sinxela para os que se inician, pero tamén coa rigorosidade que precisan os profesionais da silvicultura e a micoloxía. Os autores, Francisco J. Fernández de Ana-Magán, membro do equipo de investigación do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, e Antonio Rodríguez Fernández, biólogo na Xunta de Galicia, cunha ampla experiencia neste campo, trasladaron ás páxinas do libro, ademais de numerosos traballos e experiencias realizadas no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, algunhas das cuestións que espertaron maior interese nos cursos, conferencias e charlas impartidas por toda a xeografía peninsular, poñendo un especial coidado en empregar unha metodoloxía que facilita a comprensión do fascinante mundo dos fungos.
Máis de douscentos mil anos de ocupación nesta beira do Atlántico dan para moitas historias que nalgúns casos teñen nomes e apelidos. Aínda así non son poucos os vigueses que descoñecen o seu pasado e as orixes dalgúns dos seus símbolos de identidade. «Historias de Vigo» pretende ser unha sinxela e amena guía para percorrer eses espazos que o vertixinoso crecemento desta cidade foi deixando no esquecemento coma unha peaxe do progreso. Nesta viaxe pola «viguesidade», o lector estará acompañado por voces expertas e tamén por protagonistas dos acontecementos que verán de axudalo a introducirse nos fitos, na simboloxía local e chegar a algúns dos persoeiros máis interesantes deste recuncho atlántico. É por iso que a narración non pretende ser académica, senón directa e co menor número de voltas posible. Moitos destes acontecementos axudan a comprender mellor a propia actualidade. Como pode acontecer dentro de moi pouco, os vigueses xa saben o que é ir a Madrid pola estrada de Santiago, ou eliminar horas de traxecto en tren indo por Portugal á capital de España. Aínda vai ser certo iso de que a historia sempre se repite!
Ramón Caride pousa a súa mirada na decadencia do mundo rural, na que o lume físico crónico de cada verán é contexto e símbolo da destrución de ?paisaxes, historias e soños?. O escritor pousa a súa ollada nun fato de personaxes que exemplifican o devalar dun mundo. Facendo do local o máis universal, conforma un relato coral no que se unen tempos e situacións, desde as míticas lembranzas das partidas de bandoleiros carlistas do século XIX aos rescoldos dun pasado que, propio do mundo rural, abrolla de xeito inesperado e terrible.
El libro ?Pontevedra, Rías Baixas? asocia la provincia como un todo. Las rías de Arousa, Pontevedra, Vigo y Baiona integran la zona, una tierra de contrastes surcada por ríos, playas, marismas, acantilados, montañas, profundos valles y extensas llanuras. Sin olvidar los misteriosos faros e islas, así como los castros, los pazos y todos sus monumentos y tradiciones. Además se sugieren distintas rutas para recorrerla. Es una manera de llevarse a casa un recuerdo, donde 90 fotos de alta calidad ilustran cuidados textos que enumeran y comentan los diferentes recursos naturales, turísticos o monumentales.