No ano 2011, Manuel Losada, veciño de Armea (Allariz) (Ourense), atopaba preto da súa casa, no lugar do Monte do Señoriño, unha serie de estruturas escavadas na rocha que chamaron a súa atención. Púxose daquela en marcha un proxecto de Investigación e Desenvolvemento entre a Universidade de Vigo e o Concello de Allariz, dirixido polos profesores Adolfo Fernández e Fermín Pérez, co obxectivo de coñecer a extensión, funcionalidade e cronoloxía do xacemento arqueolóxico. Neste libro, froito do traballo interdisciplinar de especialistas en diversos ámbitos da arqueoloxía, o lector poderá atopar os resultados das investigacións neste xacemento do s. I d.C.
PONTEVEDRA I 978-84-15072-61-4 PONTEVEDRA II 978-84-15072-61-1 A CORUÑA I 978-84-15072-66-9 A CORUÑA II 978-84-15072-67-6 ORENSE I 978-84-15072-87-4 ORENSE II 978-84-15072-88-1 LUGO I 978-84-17158-10-1 LUGO II 978-84-17158-11-8 LUGO III 978-84-17158-12-5
O poñente e a súa luz guían os dous protagonistas desta novela: Carme e Josep. Carme é unha muller de hoxe en día mergullada nun fondo proceso de cambio emocional. Para ela a luz do poñente ten un perfil concreto: unha galega chamada Sarela que, entre outras cousas, a obriga a cuestionarse a súa identidade sexual. Atendendo a coordenadas temporais diferentes, o poñente tamén constitúe o horizonte persoal de Josep Sadurní, un dos pioneiros cataláns do século XIX que emigraron cara a terras galegas e que asentaron aquí para sacar adiante con éxito a industria da salgadura, marcando para sempre o devir da poboación da beiramar deste país. Carme é unha profesora que, motivada por Sarela, comeza unha investigación sobre os industriais cataláns que se dedicaron á salga. Esta pescuda ábrenos unha fiestra ao coñecemento das relacións entre Cataluña e Galicia.
O crecemento das cidades e dos seus espazos urbanos periféricos constitúe a principal novidade na organización territorial de Galicia desde mediados do século XX. A intensidade deste proceso de concentración do efectivo humano, da actividade económica e da artificialización do solo xustifica que, na actualidade, Galicia se defina como unha realidade urbana. Un proceso de urbanización que non se realizou con toda a orde nin bo senso que cabería agardar, e que nos seus aspectos centrais foi obxecto de estudo por parte de arquitectos, xeógrafos, sociólogos, antropólogos, historiadores, especialistas en dereito ou no medio ambiente que, xunto a colegas doutras procedencias, investigaron as diversas faces da Galicia urbana. Precisamente, este achegamento multidisciplinar é o que se pretende reflectir no libro A Galicia urbana. Relación de autores que interveñen no libro: Jesús M. González Pérez, Manuel García Docampo, Manuel Gallego Jorreto, Miguel Pazos Otón, César Portela, José González-Cebrián Tello, Xosé L. Martínez Suárez, Martín Fernández Prado, Henrique Seoane Prado, Xosé M. Rosales Noves, Antonio Díaz Otero, José L. González Fernández, Ramón López Facal, Carlos Nárdiz Ortiz, María J. Piñeira Mantiñán, Dolores Puga, Teresa Castro, Francisco R. Durán Villa, Mª. Angeles Piñeiro Antelo, Alejandro López González, Luis A. Escudero Gómez, Xosé M. Santos Solla, José M. Cardesín, Carmen Lamela Vieira, Manuel Pérez Rúa, Francisco X. Armas Quintás, X. Carlos Macía Arce, Belén Mª. Castro Fernández, Alfredo Vigo Trasancos, Francisco Rodríguez Lestegás, Román Rodríguez González, Antonio de la Peña Santos, Xosé M. Souto González, Xavier Rivas, Alfonso Bar, Patricia Villot, Ignacio Sanz Jusdado, Enrique Sánchez Goyanes, Xosé Somoza Medina, Valerià Paül Carril, Xerardo Pereiro.
" Cogomelos de Galicia e norte de Portugal " é, sen dúbida, a mellor e máis completa e actualizada publicación divulgativa dedicada á micoloxía en Galicia. Desde o rigor científico e o alto nivel de esixencia da súa autora, a bióloga e profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, este libro aborda múltiples facetas de coñecemento dos cogomelos en Galicia e no norte de Portugal, desde as cuestións máis científicas, como a súa situación taxonómica e clasificación, a súa nomenclatura e etimoloxía, a súa morfoloxía, os seus cheiros e arumes, as claves dicotómicas para identificalos, a outras cuestións como a elaboración dunha micoteca ou herbario de cogomelos, a toxicidade e as intoxicacións, un extenso e detallado catálogo de cada unha das especies acompañadas dunha amplísima documentación gráfica, e tamén aspectos máis divulgativos e lúdicos como a súa gastronomía (con numerosas receitas de cociña), a súa presenza na literatura, na artesanía, etc., acompañados de varios índices eficaces para a súa localización, que fan deste libro unha guía fermosa e útil.
El propósito de esta obra es ofrecer un panorama general de la escultura del Renacimiento en Ourense, su gestación en los inicios del siglo XVI, su maduración y su desarrollo, hasta las primeras décadas del siglo XVII, sistematizando y proporcionando una estructura de conjunto para la agrupación de los artistas y su obra, así como de otras consideraciones que informen sobre el proceso creativo de este momento.
Santiago de Compostela es la estela de millones de estrellas y es la estrella y es la luz, también interior, que anima y fructifica en Historia eterna de piedra y esperanza. Esta ciudad que nace de la invención del Sepulcro del Apóstol Santiago, significará para siempre el milagro de la regeneración y el humano anhelo de trascendencia. Y ésta es la razón esencial de un camino cuya meta y "más allá" es el propio peregrino; experiencia individual que, precisamente, confiere a Santiago su vocación Universal. Centro religioso, político, cultural y artístico, Compostela ha suscitado innumerables páginas de estudio, evocación o creación literaria. Sin embargo, su vitalidad y, sobre todo, la portentosa savia que anima su raíz y sus plantas, la hacen incesante de visiones e inaprensible en su misterio. Este libro, con un lenguaje poético, pretende, tanto en los textos como en las imágenes, arrebatar a la sucesión del tiempo esos instantes que, casi sin darnos cuenta, se nos quedan prendidos en las pestañas o en el alma: porosas sombras, reflejos como inflorescencias de cristal, el invisible vuelo de la campana y las notas peregrinas de un violín, la roja flor del poniente o el alba resbalando por los tejados, el sabor del mar de una vieira, el silencio como una hiedra o un caminante más...
Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca da literatura naceu para expresar iso que é o máis estraño. Manuel Rivas reúne todos os seus relatos nesta obra, que é tamén unha psicoxeografía, unha zona de rescate da memoria fronte á amnesia, onde o desexo loita contra a morte e a imaxinación levanta o voo. Así, emerxe un mundo que parecería estar á espreita da súa invención. En O máis estraño aparecen relatos xa célebres como «A barra de pan» ou «A lingua das bolboretas», contos extraordinarios por descubrir como «A chegada de Ingrid», e inéditos sorprendentes como «A sombra do soño». Os medos, as paixóns, a emigración, a guerra, os naufraxios, a relixión, a culpa, a depredación da natureza, a arte e a vida, o humor insurxente, o poder e as súas máscaras, a incomunicación, as fronteiras, a resistencia das voces baixas, o andar vagabundo do ser e as palabras á procura dunha segunda existencia... O máis estraño pescuda no enigma humano, cunha linguaxe incandescente e indócil.
Este libro mergúllanos nos lugares máxicos da Costa da Morte. Pousadoiro para valorar mitos e reclamar protección e divulgación. Airexa a senda do porvir da cultura popular. Volume con pés que anda porque finca na terra nutricia da memoria dos devanceiros.
Con el rigor de un diccionario y el hechizo de una novela apasionante, este libro constituye una de las más importantes aportaciones al patrimonio cultural gallego de los últimos años. En las 710 entradas de las que consta el Diccionario de los Seres Míticos Gallegos puede el lector encontrarse con gente pequeña, gigantes, ojancos, enanos, xacias, sirenas, xerpas, rabenos, encantos, lumias, lavanderas; entrar en los pazos de los moros y conversar con la Mourindade; robar el peine de la mora; recoger carbones que se conviertan en un tesoro; sufrir con paciencia a trasgos, diablos y tardos; dormir con Pedro Chosco, tener miedo de la Estadea; huír con Blancaflor o oír los cuentos de María Castaña. El lector podrá visitar las tumbas de Orcavella y la Reina Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá en la fuente de Ana Manana; volará con brujas, chuchonas y nuberos; correrá siete parroquias con los hombres-lobo; verá como Dios crea demonios y ángeles; se asombrará con lobos, culebras, dragones, basiliscos, cocas, unicornios; navegará en el Bergantín fantasma; andará los caminos con la procesión de las ánimas; temblará en la noche al escuchar al Pájaro de la Muerte; se enfrentará con el Perro Negro, con el Lobo Blanco, con la Peregrina, con la Zarrulada, el Orco y con la Pastoriña; visitará ciudades sumergidas y enterradas, como Antioquía, Lucerna o Valverde, Pozos Piagos y entradas del Infierno, Caminos al Más Allá y Cabos del Mundo; conocerá a los cocos tales como el hombre del saco, el Sacamantecas, Maríamanta, la bruja de los dientes verdes; el Zampón y el Orco; leerá el Ciprianillo y desatará definitivamente el saco para coger a los biosbardos. Para encontrarlos, solo hay que abrirlo por cualquier página.