Galicia, Comunidad Autónoma de



CASARES EN COMPOSTELA. UNIVERSIDADE E LITERATURA . DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017 (CASARES MOURIÑO, CARLOS)
Carlos Casares chega a Compostela en 1962, con vinte e un anos, para estudar Filoloxía Románica na, daquela, Facultade de Filosofía e Letras. A súa relación coa universidade compostelá foi breve pero moi intensa e a súa pegada, para alén do estritamente biográfico, prolongouse tanto na súa obra de creación coma na súa faceta de investigador da historia da literatura galega, que tivo orixe, en boa medida, nas inquedanzas xurdidas nas aulas e nas rúas compostelás.

REPOSTERÍA EN GALICIA . LAMBETADAS DE ONTE A HOXE. 219 RECEITAS (CASALDERREY, FINA / GARCÍA, MARIANO)
¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía. Desde os doces sinxelos que se poden facer na casa, sen precisar experiencia na cociña, aos de maior complexidade na súa elaboración, e desde os sabores de longa tradición aos máis innovadores, toda a repostería do país se dá cita nestas páxinas. Logo dun minucioso traballo de investigación, que levou os autores a percorrer física e bibliograficamente Galicia, aquí está o resultado; un libro esencialmente práctico que se divide en catro partes: unha historia da repostería en Galicia; trucos e advertencias; cremas, masas e outros complementos; e un impresionante inventario de 219 receitas, acompañadas dun pequeno comentario sobre a orixe, evolución e características do prato. As rosquillas, as deliciosas canas fritas, o clásico roscón, os melindres, a gorentosa bica, as natillas, os biscoitos, as chulas, os amendoados, a marmelada, a torta de chicharróns, as orellas, o arroz con leite, o queixo de tetilla, o flan de ovo, as papas de millo...

GUÍA DAS ÁRBORES AUTÓCTONAS E ORNAMENTAIS DE GALICIA (CASTRO, MARISA / PRUNELL, ANTONIO / BLANCO DIOS, JAIME BERNARDO)
Tanto para especialistas como para curiosos e afeccionados, a Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia constitúe unha ferramenta utilísima. Os reputados autores desta guía (Marisa Castro, Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios) trazan un libro útil e doado de manexar que recolle tanto as árbores dos parques e xardíns públicos de Galicia como as especies autóctonas e de repoboación. Cunhas magníficas e precisas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano -que permiten o rápido recoñecemento das especies-, o libro fai un repaso ás xeneralidades botánicas e os diversos usos das especies, poñendo especial énfase nas árbores froiteiras, sempre relacionadas co territorio galego: a nomenclatura popular e científica, a clave de especies que permite identificar -sen usar conceptos botánicos complexos- a totalidade das especies citadas, a vexetación autóctona e as plantacións forestais, a silvicultura, as árbores froiteiras, os xardíns en Galicia, etc. Ademais, o libro ofrece unha detallada descrición das especies -todas elas ilustradas-, de xeito claro, conciso e cun vocabulario rigoroso pero fácil de comprender, incluso polas persoas non expertas no tema.

O HOME DE NEGRO (ALFAYA BERNÁRDEZ, AN)
O home de negro proponnos unha trama singular, a dunha escritora que comeza a relatar ?a historia dun home que un día espertou dun estraño soño onde el era o único habitante dun espazo branco? e que, a partir dese momento, vai converterse nun ente autónomo que dirixe o seu propio destino e mesmo interactúa coa súa creadora. A grande imaxinación despregada por An Alfaya nesta obra así como as implicaturas filosóficas que encerra o seu relato fan desta novela un texto que debe interpretarse cunha mirada aberta, que nace con vocación de chegar a un abano amplo do lectorado.

COCIÑA GALEGA TRADICIONAL . RECEITAS, TRADICIÓN, HISTORÍA E EVOLUCIÓN (FELPETO LAGOA, MATILDE)
As receitas recollidas en " Cociña galega tradicional " pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo. Neste libro descríbese a elaboración da receita máis tradicional, pero tamén como foi concibida polos cociñeiros clásicos e a súa evolución ata a actualidade. Analízase a presenza das receitas nas obras dos escritores gastronómicos galegos, testemuñas fundamentais para coñecer a historia da nosa cociña, así como a opinión de ilustres gourmets sobre os pratos máis representativos da cociña galega. Preséntanse agrupadas seguindo a orde clásica de servizo na mesa: caldos e sopas, empanadas, vexetais, peixes e mariscos, carnes e sobremesas. Complétanse as receitas cunha información sobre produtos galegos de calidade: o pan, os queixos, os viños, as cervexas, as augas, os licores, as conservas e o mel. En " Cociña galega tradicional " , a autora rebusca na súa memoria gastronómica para rememorar a cociña e as receitas da súa vida. Na narración conflúen a historia, a cultura e o pracer coa intención de que, despois de ler as receitas aquí descritas, os lectores reflexionen e miren dun xeito diferente o prato que van degustar.

É TEMPO DE ENTROIDO! (VEIGA, RAMÓN D.)
É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos personaxes máis senlleiros do Entroido para darse unha boa paparota? Que non deixan nin a vergonza do galego!

CAMIÑO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL (VILAR ÁLVAREZ, MANUEL)
La guía Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil (Alvarellos Editora) de Manuel Vilar Álvarez, nos invita a descubrir una senda histórica apenas reconocida hasta hoy. Se trata del camino más directo entre Santiago de Compostela y Muxía, escogido desde hace siglos por peregrinos y caminantes, y que tiene como uno de sus emblemas el puente medieval de Brandomil (la primera etapa hasta Negreira coincide con el Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía). Una ruta de 86 kilómetros que aquí se nos presenta con todos sus atractivos: plano con etapas, lugares y monumentos para visitar, e ilustrada con 75 reveladoras fotografías. Una guía práctica que nos invita a recorrer con calma naturaleza e historia, porque, como afirma el autor, ?andar los viejos caminos es reclamar el futuro".

A COCIÑA DO ENTROIDO E SAN XOÁN (VILA PERNAS, MIGUEL)
Entanto o tradicional entroido galego está en decadencia a favor dun carnaval unificado que nos transporta a celebracións afastadas da nosa cultura, a cociña do entroido conserva, por fortuna, todo o seu esplendor secular, de xeito que hoxe contamos cunha verdadeira cociña galega do entroido. Miguel Vila Pernas ofrécenos, con rigor e amenidade, un libro práctico que debulla a cociña do entroido (co porco como protagonista da mesa) e mais a cociña do San Xoán (evocada polas sardiñadas e os churrascos), pescudando na tradición e na cultura propias, sen esquecer as materias primas e ofrecendo un amplo receitario para cociñar, na casa os máis diversos pratos. Para o entroido: o cocido, o lacón con grelos, a androlla, as filloas e freixós, as orellas de frade, as rosquillas, o tripón doce, o bandullo, etc. E para o San Xoán: as sardiñas, cos seus diversos xeitos de preparalas (asadas, en escabeche, recheas, guisadas, rebzadas, cocidas con patacas, salgadas, en tortilla) e as receitas para a grella (churrascos, costelas, chourizos, polbo á grella, luras, paspallases, espetadas, cordeiro en brochetas, etc.).