Galicia, Comunidad Autónoma de



AIRES DE MI TIERRA (CURROS ENRÍQUEZ, MANUEL)
"Poeta en estos tiempos y buen poeta para mayor mal". Así define José Ojea, el prologuista de la presente obra, a Manuel Curros Enríquez, uno de lo spilares del Rexurdimento de las letra sgallegas en el pasado siglo XIX.

EPISODIOS DE TERROR . DURANTE A GUERRA CIVIL NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. A ILLA DE SAN SIMÓN (AMOEDO LÓPEZ, GONZALO/GIL MOURE, ROBERTO)
Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil é un libro de pescuda, de síntese e recuperación da nosa memoria histórica. Os autores sintetizan todo o que se leva escrito até o de agora sobre o período da Guerra Civil na provincia de Pontevedra, centrando o libro arredor do campo de concentración da illa de San Simón e a súa colonia penitenciaria. Episodios de terror recupera máis de catro mil nomes de perdedores da Guerra Civil, incorporando tamén os nomes das persoas que asinaron as sentenzas ou as dos que, segundo testemuños orais e investigacións, actuaron como asasinos nas estradas. Este libro recrea os terribles momentos dos paseos e dos paseadores; o papel dos militares; unha visión sobre os campos de concentración en Galicia, cunha descrición detallada de San Simón; o papel da Igrexa católica; a solidariedade do pobo; a reparación dos danos morais, e outros moitos aspectos que o fan un libro imprescindible no proceso de recuperación da memoria histórica.

BRIAN, O CHINÉS (VÁQUEZ ÁLVAREZ, DAVID DANIEL)
"Brian, o Chinés" (Primeiro Premio de Novela Xosé Neira Vilas) é unha novela sobre un mundo de emocións gurgullante ao redor dun neno con síndrome de Down, dende os seus primeiros anos na escola ata a súa adolescencia. Durante este tempo, Brian vai sentíndose parte dun grupo ?formado por amigos, mestres, familia...? no que se sinte cómodo e co que vive grandes experiencias. Pero este percorrido non sempre é doado, ás veces debe enfrontarse a situacións problemáticas que van cambiar o rumbo dos seus días. Atrapa dende a primeira páxina.