Ir al contenidoGalicia, Comunidad Autónoma de

Cegoñas no fondo da ría é unha colección de 25 atopocronías, sucesos nos que se cruzan os sendeiros das realidades posíbeis e que conforman un corpus mítico-histórico-marabilloso dunha (outra) cidade de Pontevedra. Manuel Lourenzo González lévanos a descubrir nestas páxinas algúns temas tan suxestivos como a pesca das sereas, o Coloso de Tambo, o incendio da Biblioteca Panxeica de,Pontevedra, rodando Casablanca no café Moderno, o turista que botou raícese despois pólas e logo flores, a Pedra de Rosetta da cultura castrexa, cando América nos descubriu, un poema de Gustavo Adolfo Bécquer en galego, tras o misterio do rei Urco, o Pontevedrés Errante, o mago que conseguiu a inmaterialidade, a científica que o descubriu todo e foi como se nada, a primeira aterraxe dun dirixíbel na Ferraría, santos republicanos, Elvis Presley nas festas da Peregrina, o Diluvio Universal de Pontevedra, a xacia que chegou a Papisa, a muller que faleceu e non o sabía, a teoría das terras furadas, o alquimista verdadeiro, o tesouro do Preste Xan, as pirámides dos atlantes, a lenda de Ravachol, A Gioconda no Museo Provincial, princesas escandinavas primeiro meigas logo santas, unha Pontevedra na selva ecuatorial africana
cegoñas no fondo da ría
Descobrir Santiago de Compostela amostra cada um dos recantos da cidade do Apóstolo e das capitais galegas que crescerom ao redor do mito.
Complexo húmido de Corrubedo, Zona Natura 2000. Abrangue gran parte da península do Barbanza (do Castro de Baroña á Pobra do Caramiñal), un dos lugares de Galicia con máis espacios naturais protexidos. Inclúe o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas do Carregal e Vixán, as Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro, as illas de Sálvora e as Sagres, o Sitio Natural de Interese Nacional da Curotiña (Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e a serra de Boiro). Contén os núcleos de poboación, vías de comunicación, pistas forestais, camiños e sendas, cumios, ríos e regatos, iconografía turística (casas rurais, castros, dolmens, miradoiros, cruceiros, curros, cámpings, igrexas, pazos
), etc.
