Edad de interés: a partir de 11 años



FEITIZO (MIRANDA, XOSÉ)
Marta ten unha nai bruxa. Si, bruxa, bruxa das de verdade, que xa se sabe que ninguén cre nelas, pero que habelas hainas. A Marta, se cadra, non lle preocuparía nada iso de ter unha nai bruxa. O malo é que as nais bruxas queren que as súas fillas tamén o sexan e iso si que a Marta non lle gusta nadiña. A Marta non lle vai iso de voar montada nunha vasoira e facer esconxuros máxicos. A ela o que lle apetece é ser unha rapaza como as demais, ira á escola e noivar con Ricardo. ¿Poderá escapar Marta do seu destino de bruxa? Entre risas, medo e moitas sorpresas, o lector o irá descubrindo.

Ó OUTRO LADO DO SUMIDOIRO (NEIRA CRUZ, XOSÉ A.)
Martiño Pedreira é un home xa vello, que vive só nunha grande cidade. Posúe unhas " gafas de realidade " , que lle permiten ver todas aquelas causas fermosas que o resto das persoas, abafadas polas présas e polo egoísmo, non son quen de ver. Ten un can amigo, Can sen Dono, que vive nun sumidoiro da cidade. Un día, Martiño Pedreira decide que non necesita as gafas, os seus ollos xa se afixeron a ve-la realidade sen elas. Entón pensa en darllas a alguén que as necesite, e pon un anuncio no xornal, con resultado negativo. Daquela, el e máis Can sen Dono deciden sair na procura de alguén que necesite tan estrañas gafas. Pero cando están nesas, reciben a visita dun mago, Ernestiño, que lle entrega a Martiño unha estraña carta. A carta envíalla EI-Rei de Phedra e nela dille que pode axudalo a atopar un novo dono para as gafas, polo que lle prega que emprenda unha viaxe ata o seu reino. Nese mesmo momento ábrese no sumidoiro unha Porta de Ouro e, ó atravesala, Martiño e o Can sen Dono entran no reino de Breamdam. Esa porta -que marca, tamén na narración o paso ó mundo fantástico- lévaos a un reino moi distinto do mundo por eles habitado; alí atopan os máis estraños personaxes e comezan a verse implicados nos problemas dese novo país.

EL REY QUE NO TENÍA NOMBRE (P. BÁEZ, MARISA)
Esta es la historia de un oriental que desde su infancia fue adiestrado por su maestro monje en una lucha y en una filosofía especial. Tras el asesinato de sus padres, su corazón se llenó de odio y fue en busca de venganza, olvidando todas las enseñanzas que le había inculcado su maestro. Formó un ejército y se convirtió en un guerrero implacable al que todos temían. Con el paso del tiempo fue sintiendo nostalgia por la vida sencilla que había llevado en su infancia y juventud, por lo que determinó regresar a su pueblo natal. Quiso visitar a su maestro, pero le informaron que había muerto. En ese lugar ya no le quedaba ningún ser querido, así que tomó la decisión de retornar con su ejército. Mientras atravesaba un bosque le sucedió algo sorprendente que le cambió por completo la vida...

BLÍSTER » PELIGRO VEGETAL » 6º DE PRIMARIA (CARIDE, RAMÓN)
Para Said y Sheila es muy sospechoso que haya tan poca información disponible sobre el supercereal SC-1, la planta que se supone que acabará con el hambre en el mundo. ¿A qué viene tanto secreto? ¿Tendrán algo que ver con esto las inquietantes noticias de plantas que arrasan campos de cultivo en Argentina? Said y Sheila no piensan quedarse de brazos cruzados: pretenden llegar al fondo de este turbio asunto...Tres Sopas es una invitación a disfrutar con la lectura, conocer el placer de leer y descubrir el amor por las palabras. Tres Sopas es el proyecto de lectura más completo para Primaria.Presenta una cuidada selección de libros para cada curso, acompañados de un amplio conjunto de recursos:- Para los alumnos, un cuaderno específico para cada libro con el que podrán leer mejor.- Para el profesorado, una propuesta didáctica con la información técnica de cada libro, sugerencias, orientaciones, soluciones de las actividades...Este blister para 6.º de Primaria contiene el libro "Peligro vegetal", y un cuaderno con actividades para el alumno.

MEMORIAS DUN RAPOSO (REIGOSA, ANTONIO)
Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó. Outros, coma se fose o demo, chámanno O das zapatillas, polo lixeiro e silandeiro que anda. A Golpilleira, a casa grande dos raposos, é case toda ela dos homes.Pero é moito máis aínda. Se estades espertos, se poñedes a orella, escoitaredes todo o que se move, todo o que vive, anda, corre, dorme, o que medra e o que morre.

A BIBLIOTECA DE PEDRARCANA (TABOADA, CARLOS)
Pedrarcana de Leria era unha cidade engaiolada nunha burbulla de tedio. Alí case nunca pasaba nada interesante: a xente non lía, non falaba, non soñaba, non xogaba, non protestaba, deixábase levar. Mais cando chegou Alexandra a traballar na biblioteca as cousas comezaron a mudar e, sobre todo, cando Mauricio, o mestre, atopou no tranvía o libro das tapas vermellas. Falou na clase con tanto entusiasmo da historia do pirata da cidade, que Artai e as súas irmás, Xela e Sabela, acudiron á biblioteca na procura do tesouro agochado en Pedrarcana. " A biblioteca de Pedrarcana " é unha historia moi emocionante e fermosa sobre o valor dos libros e das bibliotecas para mudar a pel dunha cidade.

AS FLORES RADIOACTIVAS (FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN)
Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada polo misterio e desexa coñecer a verdade. Tras introducirse como polisón no barco, viaxará á zona cunha expedición organizada por un grupo ecoloxista. Iníciase así unha aventura que acabará tendo unha repercusión mundial. As flores radioactivas é unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa. Un relato que aposta por un mundo máis xusto e en paz.

O MONSTRO DAS PALABRAS (REIMÓNDEZ, MARÍA)
Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa " normal " , que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras. O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. " A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos " escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.

RESTAURANTE FARRUCO (PEREIRO, CHUS)
No xeitoso e moi feituco Resturante Farruco celébrase un xantar moi especial: unha parella e o rei son atendidos polo camareiro Farruco, pola xefa de cociña Siñá Manuela e polo seu axudante. Restaurante Farruco é unha divertida peza teatral nun acto, onde Chus Pereiro xoga coa rima para presentar a ritmo trepidante a xornada que se vive nun restaurante moi especial. O ilustrador Xan López Domínguez deu vida a cada un dos personaxes da peza.