Edad de interés: a partir de 11 años



A MERLA DE TRAPO (CORTIZAS, ANTÓN)
A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra. A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.

UNHA BRANCA DE COBRE PARA MARTIÑO (CARREDANO COBAS, RAMÓN)
Unha branca para Martiño, de Ramón Carredano Cobas foi a obra gañadora do Premio Merlín de lIteratura Infantil 2005. Unha novela histórica, dirixida a lectores de once anos en diante, desenvólvese durante o día e noite de Noiteboa do ano no que a nao Santa María, capitana da flota do descubrimento de América, embarranca nas costas de Haití, ao deixar os mariñeiros o goberno da nave en mans dos grumetes. Narrada empregando un flash back, está protagonizada por Martiño, un mociño do noso tempo ao que lle fascina a historia que gardaba cada unha das moedas da súa colección. Martiño tíñaas de todos os os tempos: gregas, púnicas, romanas, medievais. Por mor da festa de Noiteboa, o día no que cumpriu trece anos deparoulle unha sorpresa tremenda: espertou a bordo da Santa María, a nao do almirante Cristovo Colón, que, despois de tocar terra o 12 de outubro de 1492, leva máis de dous meses percorrendo as illas das Indias. O grumete Martiño e o seu papagaio Trinquete vivirán outra xornada de Noiteboa inesquecible, farán amigos e inimigos, e deberán vencer problemas case insuperables. Novela clásica de aventuras e de carácter histórico, rigorosamente documentada, foi definida polos membros do xurado do Premio Merlín como " redonda " e de " lectura fascinante " .

LAIA, A NENA DA ILLA (LOUREIRO, ÁNXELA)
Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces. Distinguía a voz do seu pai ordenándolle que fose cara ás illas. Laia, tras comprender que ninguén a podía axudar, lembrou todas cantas aprendizaxes recibira na súa vida e púxoas ó seu servicio. Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: " Non te enfrontes ó mar " , " déixate levar. "

1. ELS PITJORS ANYS DE LA MEVA VIDA (PATTERSON, JAMES)
Si estàs a la secundària o t'hi engarjolaran aviat, aquesta història et podria ajudar a sobreviure.Si més no, et petaràs de riure a cada pàgina.Comprova-ho tu mateix.Tinc una història molt forta per explicar-te.

EL LLARG ESTIU D’EUGÈNIA MESTRE (MOLINA LLORENTE, PILAR)
Passar l'estiu al poble amb l'àvia no és un pla molt atractiu per a Geni, però a poc a poc acceptarà el món rural. Li passaran tantes coses que es quedarà amb ganes de tornar-hi. A més a més està convençuda que l'àvia amaga un secret...

O BRILLO DOS ELEFANTES (ALONSO, FRAN)
Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven a penas teñen para comer e unha guerra non declarada ameaza os campesiños. Taquín, o mestre dunha escola á que non vai ninguén, fai que o neno acabe por perderlle o medo á noite e descubra o sentido da vida.

OS ECOS DO LUME (FARIÑA, ANXO)
Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas. Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo subterráneo. Enfrontarase ao Gardián da luz ancestral e resolverá o secreto misterio dos ecos do lume.

AMANCIO AMIGO E O MEIGO DE SALAMANCA (MIRANDA, XOSÉ)
Amancio Amigo, o rapaz protagonista desta novela, é un mozo do Courel que estuda en Salamanca. Está namorado da Susana, a filla do cacique. Pero Amancio é pobre e poeta. Unha tarde, co seu amigo Ze Escolarão visita a un taxidermista que vive na rúa da Bufarda, 666. Na fachada da casa enxérgase unha gárgola que representa a un demo botando a lingua. Os rapaces beben do viño que lles ofrecen e a partir dese momento deciden estudar para meigos nas covas de Salamanca. Para non verse obrigado a ficar como criado dos demos, o noso amigo ten que se enfrontar co terrible Meigo de Salamanca e cos seus axudantes, o profesor de informática Faustino Prósper, a Man Peluda, o robot diabólico e o Mestre Lionardo, un macho cabrún que sabe transformarse e botar o mal de ollo. Amancio ten que superar probas imposibles e para fuxir transfórmase nunha moto. Pero o terrible meigo convértese en motorista... Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca é a primeira entrega da serie de novelas de maxia, escritas por Xosé Miranda e ilustradas por Patricia Castelao, protagonizadas por Amancio Amigo. Este destemido estudante de maxia será capaz de desaparecer e transformarse en obxectos e animais, vive apaixonantes aventuras, onde na liña da mellor literatura fantástica non falta o amor, nin a lealtade nin a necesidade de superar as máis arriscadas probas. Proximamente aparecerá o segundo volume da serie titulado: Amancio Amigo e o demo da botella. Unha serie dirixida a lectores de once anos en diante.

O GAITEIRO E O RATO PÉREZ (GRAÑA, BERNARDINO)
Silvino nacera na aldea de Tourán Baixo, o máis pequeno de catro irmáns, nunha familia pobre. Durante anos traballa de canteiro, ó tempo que aprende a toca-la gaita, por iso chámanlle ás veces Silvino o Canteiro e ás veces Silvino o Gaiteiro. Un día ten un accidente e perde unha perna. Cúrano no hospital da cidade, e pasa a convalecencia na casa da súa irmá Helena, que casara cun libreiro. Alí, tras ter un estraño soño unha noite, fai amizade cun rato a quen chama Hi-Hi. Silvino non gusta da vida da cidade e regresa á aldea co rato. O seu gusto polos libros e polas vellas lendas tradicionais parece unha rareza entre os poucos paisanos que aínda quedan na aldea. Tan só el aprecia os saberes que garda na súa memoria o vello Bernardo o Garlucho, e por el sabe das historias dos tardos, e dos mouros, e dos habitantes do mundo subterráneo. Unha noite xeada de decembro, Silvino o gaiteiro e o seu rato están a piques de morrer, perdidos no monte. E daquela entran en contacto cos PERREPÉS, o Pobo dos Ratos Pérez...

AS AVENTURAS DE BREOGÁN FOLGUEIRA (CABANA, DARÍO XOHÁN)
Breogán Folgueira é un rapaz de catorce anos recén cumpridos, que vén de remata-lo 8º de EXB. Vive en Lugo e é fillo único dun matrimonio de traballadores. Breogán é un lector apaixonado e gústanlle moito os relatos fantásticos e as aventuras cabaleirescas. O libro, precisamente, ábrese cunha imaxinada víaxe de Breogán á lúa, logo da lectura do libro de Cyrano de Bergerac sobre o mesmo tema. Unha tarde que lía o Amadís, posto en galego polo señor Ferrín, viu unha doncela que mesmo lle pareceu tan fermosa como a sen par Oriana. Esa doncela resultou ser Dosinda, unha rapaza de 1º de BUP, irmá de Denís, un compañeiro da súa clase. E así foi como deu comezo a historia de amor entre Breogán e Dosinda, onde, coma en tódalas historias de amor, hai paixón e hai celos, hai encontros e desencontros e reencontros outra volta máis. Ó longo daquel verán, o rapaz e a rapaza terán que artellar unha chea de estratexias, sempre coa complicidade de Denís, que lles permitan verse e viví-lo seu primeiro amor adolescente. Porque esta é unha novela de aventuras que é tamén unha novela de amor.

ITH (GÓMEZ XURXO, SILVESTRE)
Ith é o fillo do mítico caudillo celta Breogán, o guerreiro de forte aturuxo, sabio e valoroso, o rei de fácil palabra fundador da Brigantia e da torre do seu nome, erguida ao seu carón. Desde un faro da costa, Ith divisa ao lonxe unhas terras que hai máis alá do mar e soña con chegar a elas algún día. Ao mando de tres barcos e trinta homes, Ith emprende unha viaxe na procura das terras soñadas. E chega á verde Erín, un país moi semellante a Brigantia. Alí encontra a amizade dos seus habitantes, aínda que tamén acabará atopando o veleno da traizón. Ith é unha trepidante novela de aventuras, narrada con poderoso alento épico. O autor, Silvestre Gómez Xurxo, recrea un dos máis significativos episodios da historia mítica dos celtas que habitaron o noso país. A necesidade de transmitir a memoria colectiva, o valor e a lealtade son algúns dos temas deste libro para lectores de once anos en diante, ilustrado por Francisco Bueno Capeáns.

A PRINCESA LÚA E O ENIGMA DE KIAN (GONZÁLEZ BOULLOSA, PALMIRA)
A historia que se nos conta neste libro desenvólvese nunha Galicia mítica e comeza presentándonos ó reí Artús, que ten o seu fogar preto da lagoa de Antela. Anda sempre en batallas, polo que a raíña enferma de tristura. Como os médicos din que só a salvará " o amor máis grande do mundo " , deciden ter unha filla, á que lle poñen o nome de Lúa. Pero a raíña morre, e a princesa queda ó coidado da dama Rovena, unha muller da corte, viúva dun famoso guerreiro, e a quen as fadas da lagoa de Antela lle roubaran anos atrás o seu fillo Brandón. Kian, un bardo, dille un estraño enigma, no que se fala dunha lúa que liberará ó seu fillo Brandón. E dama Rovena vai educando á princesa cuns criterios " diferentes " ós tradicionais, fuxindo da formación que se lle adoitaba dar ás nenas. Cando Lúa cumpre os trece anos, tenta resolve-lo enigma do bardo Kian. Decátase de que ela é a " lúa " da que se fala no raro enigma, de maneira que terá que levar a cabo tódalas probas que nel se din, se quere liberar ó mozo Brandón, do que está secretamente namorada, incluso sen coñecelo. A princesa Lúa emprende a viaxe e vai pasando por numerosas aventuras, nas que ten que resolve-los máis difíciles atrancos. Pero a rapaza acaba por chegar á lagoa, vence-lo poder das fadas e destruí-lo maleficio que mantiña preso ó seu namorado, liberando así ó mozo Brandón, co que finalmente casa.

MONCHO E DRÍAR (GARCÍA YÁÑEZ, MARÍA)
Nesta novela cóntase a historia de dous rapaces de doce anos separados por unha distancia aparentemente insalvable: 3.000 anos. Dríar vive nunha sociedade do futuro, no ano 5045, mentres que Moncho é un rapaz da Galicia de hoxe. Os dous rapaces levan vidas ben distintas. Dríar vive nunha sociedade colectivizada e tecnificada, na que toda a vida está programada de antemán e onde non hai lugar para o pensamento e a autonomía individual. Mentres que Moncho, fillo único dunha familía da clase media actual, ten o que se pode considerar unha vida normal: vai á escola, lévase ben cos pais e ten un can, Lis, que é o seu grande amigo. O encontro entre ámbolos dous rapaces vai ser posible mercé á valentía de Dríar que, coñecedor da existencia de Moncho a través dun vídeo utilizado para estudia-las formas de vida do século XX, planea a fuxida do seu tempo, fuxida que levará a cabo roubando unha das naves empregadas polos temporólogos da súa época. Dríar chega coa súa nave á Galicia de hoxe e busca a Moncho. Logo de múltiples vicisitudes, acaban por se coñecer, nacendo entre eles unha fermosa amizade.