Partindo da imaxe da escultura de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. " ¡Sireno, Sireno! " é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento. O neno refúxiase nun mundo onírico, no que o debuxo é a única vía de escape, pero só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa situación. A descuberta do Sireno, unha estatua deforme que se eleva nunha praza da súa cidade, esperta emocións intensas e contraditorias no seu interior. A partir de entón, sofre unha identificación fantasiosa que o axudará a camiñar na procura das cores. En palabras de An Alfaya, a autora, " o Sireno sérvelle ó protagonista de escusa para saír da escuridade na que quedou preso trala morte do pai e descubre nela a beleza do deforme como aposta persoal " . Unha fermosa historia, merecedora do Premio Merlín de 1997, que é un reflexo dun alma infantil sensible. Unha historia escrita co corazón, que a autora recomenda lela tamén co corazón, que aposta por afondar nas vivencias e nos sentimentos.
Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo. Os Megatoxos, en pasadas aventuras, estiveron na época Castrexa, na Idade Media, e na Revolución industrial en París. Todos os humanos teñen dúas caras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, as veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situación? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profesorado. Entrementres, en Venecia, unha misteriosa raíña trata de dominar o mundo grazas ao poder do Toxo. Os dous escenarios están intimamente ligados, e só os Megatoxos poden resolver a crise que ameaza os dous mundos.
¿Te gustaría que tus padres fueran superhéroes? Sí, sí, puede parecer genial, pero pregúntaselo a los hijos de los superhéroes que viven en Multipliciudad. Lo cierto es que están hartos de que sus padres vayan por ahí marcando músculo y haciendo el ridículo. Además, ahora, por si fuera poco, en mitad de la ciudad han aterrizado unos aparentemente amigables alienígenas...Pero, ¿seguro que tienen buenas intenciones? Unéte a Ben, Pippa, Toby, Marco y Estrella, quienes, sin ningún superpoder y mucho sentido común, volverán a salvar el mundo. Porque, la verdad, si fuera por sus padres...
Said e Sheila, os dous irmáns do futuro que xa protagonizaran Perigo vexetal (premio Merlín, 1995) e O futuro roubado, viven aquí unha nova e inquietante aventura. Todo comeza cando descobren unha estraña mortandade de peixes no río que hai preto da súa casa. A procura das causas do desastre ecolóxico lévaos ó descubrimento dun terrible plan promovido por Anatoly Koprissos, un multimillonario grego que pretende dominar o mundo mediante a enerxía nuclear. Ameaza na Antártida é unha magnífica narración, cos ingredientes que caracterizan as mellores novelas e películas de aventuras.
Pitus é un neno catalán, membro dunha panda de nenos maiores ca el, os auténticos protagonistas deste relato de solidariedade e amizade. O caso é que Pitus enferma e precisa ir a Suecia para sandar, pero a súa familia non ten cartos para poder realiza-la viaxe nin paga-lo tratamento. Así que a panda toma a iniciativa de montar un zoo con animais para poderen sacar cartos para Pitus. Establecen relación co crego e cun zoólogo e inician un proxecto de construcción dun zoo con sección de propaganda, de caza, etc. Nestes labores transcorre a maior parte do conto, elaborando carteis, cazando ou conseguindo animais dos xeitos máis insospeitados: bolboretas, saltóns, coellos, un moucho, un burro e ata un cachorro de tigre. Hai un desfile e celébrase a inauguración, na que participan tamén uns pallasos que queren colaborar na causa. O final é feliz: Pitus consegue os cartos e sanda.
Os Momias son un grupo de rapaces e rapazas que viven en Fiúncho de Quinín, unha vila coma tantas outras. Un día apareceu diante deles un adolescente loiro vestido con roupas que semellaban sacadas dunha película de época ou un libro de estampas. El mesmo presentouse coma un aprendiz de bruxo e, ante o abraio dos rapaces, fixo unha demostración dos seus saberes cun esconxuro máxico. O resultado do esconxuro resultará se-la causa da aventura máis sorprendente, divertida, e por veces mesmo perigosa, que nunca viviran os Momias.
El Libro del Profesor reproduce íntegramente las páginas del Libro del Alumno con las soluciones a las actividades; además, se proponen sugerencias didácticas para su realización. Antes de cada lección se incluyen varias páginas con comentarios y propuestas para explotar mejor los ejercicios. Incorpora las mismas partes que el Libro del Alumno: las 8 lecciones, el Apéndice gramatical, las Transcripciones y el Glosario. Mañana 4 se corresponde con el nivel B2 del Marco.