Álbumes ilustrados



NAILS (LUIS AMAVISCA / ALICIA ACOSTA / GUSTI)
A Juan le gustaba pintarse las uñas y cuando se rieron de él en el colegio, su padre decidió apoyarle y pintárselas él también.Esta es una historia inspirada en hechos reales.

O ESPAZO (LE LOARER, BÉNÉDICTE)
Un libro documental lúdico, claro e atractivo para responder as cuestións das crianzas. Ven axiña descubrir comigo o espazo. Comprobarás que isto é verdadeiramente apaixonante.

CROCODILO (RUBIO, ANTONIO)
Poema de cores para ser lido e recitado. Iníciase cun extravagante crocodilo verde verde verde, que se sobe nun baúl, que se sobe nun castelo, que se sobe... A colección ?Do berce á lúa? está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade, para os que se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado para designar unha nova modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a ?educar o ollo e adozar o oído? do pequeno lector, como explica Antonio Rubio.

A HORTA DE SIMÓN (ALEJANDRO, ROCÍO)
O coello Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu que puxera leitugas, alguén tomates, alguén berenxenas? e a horta medrou, enchéndose non só de vexetais senón tamén duns labregos moi especiais: o rato, a galiña, o chibo, o porquiño, a raposa? O X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados é un eloxio ao traballo colectivo, á convivencia en harmonía e en contacto coa natureza.

CÁNDIDO E OS DEMAIS (PINTADERA, FRAN)
Todos somos diferentes. Con esta premisa preséntasenos a Cándido, unha persoa peculiar cunha gran necesidade de expresarse ante o mundo que o rodea, de ser comprendido e aceptado. Poucas veces un texto tan aparentemente sinxelo propicia unha reflexión tan fonda e necesaria nunha sociedade complexa como a actual. O protagonista da obra distinguida co XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado séntese estraño; comparte cos lectores a súa ollada cara ao resto da xente, á vez que somos partícipes de como os outros percíbeno a el. Alleo á masa uniformizada e seguidista das tendencias cambiantes, Cándido pode sentirse fóra de lugar pero intenta pasar desapercibido; é un ser sensible á inseguridade e á soidade que se pode sentir sendo ignorado. E malia que o mundo se convertese nun lugar hostil cara á natureza e ás persoas, o positivo de todo é que sempre hai un punto de encontro que une a Cándido e os demais. Ou non todos eles. Pero esa xa é outra historia?

AVÓS (HERAS, CHEMA)
...A avoa sorriu e foise mirar no espello: -Eu son fea coma unha galiña sen plumas. -Non digas iso, muller! Ti es feitiña coma o sol. E fai o favor de apurar, que temos que ir bailar! Chema Heras relata en ?Avós? a tenra historia de dous velliños, Manuel e Manuela, que aceptan con naturalidade as marcas dos anos. Manuela é coqueta coma unha rapariga e a Manuel encántalle bailar con ela. A través dunha estructura acumulativa e un texto de ton poético, ?Avós? invítanos a atopar a beleza a través dos ollos do amor, amósanos todo o cariño que pode existir cando o cuerpo murcha e descúbrenos as vantaxes de vivir cun sorriso nos beizos.

LÚA (RUBIO HERRERO, ANTONIO)
A colección Do berce á lúa está dirixida a nenas e nenos de 0 a 3 anos para quen se deseñaron especialmente estes pictogramas poéticos ou poegramas; un termo que designa unha modalidade de poesía pictográfica baseada na procura dun ritmo de lectura que axude a ?educar o ollo e adozar o oído? dos pequenos lectores, en palabras do poeta Antonio Rubio. Esta nova edición de gran formato que mide 24x24 cm. -?Lúa? é o primeiro título dispoñible- é ideal para o seu manexo por parte de mediadores e docentes, mentres que a edición convencional de 16x16 cm. está dirixida ao público infantil.

A CEBRA CAMILA (NÚÑEZ, MARISA)
Alá onde se acaba o mundo vivía unha pequena cebra. Un día, ao saír da casa, o vento bandido levoulle sete raias de seu vestido. Unha araña, unha serpe, o arco da vella e unha chicharra, entre outros animais do campo, axudarán a Camila a esquecer a súa pena

DISTINTA (BETOVAL)
Lúa espertou. Non sabe por que?, pero ela séntese distinta. Cada día, mentres uns se queixan por ter que madrugar?, a ela encántalle erguerse cedo para escoitar os segredos que murmuran as nubes da mañá... A capacidade para escoitar as nubes, bambearse nas ondas do mar, aproveitar cada escintileo de luz e de cor que nos ofrece o día ou xogar coa lúa, é unha habilidade da que non todo o mundo pode gozar. Pero a protagonista deste libro é ?Distinta?. Outros protestan por madrugar, enfádanse nos atascos, abúrrense coa rutina ou van durmir sen ter experimentado novas emocións.

RADIO BULEBULE (NOGUEIRAS NODAR, FRANCISCO)
"Abre as orellas, palabras a voar saíndo pola antena, aterrando polo chan. O falar non ten cancelas, vai de aquí para acolá. Chega a radio falangueira que te vai facer pensar?" ?Radio BULEBULE? é o novo traballo de Paco Nogueiras logo de ?Brinca vai!? (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación como libro-cd-dvd deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia. O medio radiofónico inspira as 12 cancións deste novo libro-disco no que volven participar o ilustrador David Pintor e José Miguel Sagüillo dirixindo os videoclips que, como novidade, forman unha curtametraxe.

CHIBOS CHIBÓNS (GONZÁLEZ, OLALLA)
Había unha vez tres chibos que vivían no alto dunha montaña: o chibo chibón pequeno, o chibo chibón mediano e o chibo chibón grande.br> Un día viron unha herba moi verde que crecía ao outro lado do río. Pero para chegar aló había que cruzar unha ponte e debaixo dela vivía un ogro terrible, que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano e o chibo grande tiveron que argallar a forma de burlar ao monstro. Unha historia que nos amosa que a intelixencia e o enxeño poden máis que a forza física...

RATOS DE VIAXE (GONZÁLEZ ?OLI?, XOSÉ MANUEL)
Os ratos, O traxe, para ir de viaxe, de gala ou semana, meten na maleta vai mellor colgado cada un o seu traxe. na autocaravana? Despois de ?Os ratos da casa?, as novas aventuras destes simpáticos roedores trasládanse á praia para gozaren do bo tempo mentres se divirten. Pero mesmo os preparativos e o propio itinerario convértense nunha animada peripecia.