?Cara de velocidade? é o resultado de acudir á literatura como bálsamo, refuxio e bitácora da superación de «H». Neste poemario están presentes os seus avances en forma de pasos de xigante e a satisfacción do retorno ao fogar logo dunha convalecencia; a enfermidade toma forma de monstro ao que se desafía, co que se dialoga e convive; e sobre todo, a vida cotiá afróntase con humor, fortaleza, optimismo e imaxinación fronte á adversidade.