Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) que inclúe festivos e fases da lúa e doce fotografías anónimas da cidade da Coruña que constitúen un auténtico tesouro que reflicte a vida, a paisaxe e as xentes da cidade no século XIX. O fotógrafo José Caruncho tratou as imaxes con esmero e Antonio López Mariño explica cada unha coa paixón e cariño que merecen.