Bartleby é un escribente excelente que despacha unha cantidade extraordinaria de documentos na oficina de Wall Strett onde traballa ás ordes dun avogado. Porén, un bo día, cando o seu xefe lle pide que examine con el un documento, Bartleby négase con total serenidade dicindo: " Preferiría non facelo " . Dende entón, diante de calquera requirimento do avogado, o narrador do relato de nome descoñecido, contesta coa mesma frase: " Preferiría non facelo " . O avogado descobre que Bartleby quedou vivir na oficina e, como négase a obedecelo e despois a escribir máis, o despide. Porén, este curioso personaxe négase a marchar e continúa vivindo na oficina. O xefe, que é incapaz de botalo, decide mudar a sede do escritorio. Cando chegan novos inquilinos, Bartleby segue alí, prefire non facer nada que altere a súa situación.