Este libro pretende ser unha guía de acceso doado ás leis que o Parlamento de Galicia foi aprobando na súa andaina, desde a súa constitución ata hoxe. Coa publicación deste valioso material, Edicións Xerais de Galicia quere achegar a cidadáns e profesionais do dereito unha ferramenta de traballo indispensable para acompañar ou avaliar o desenvolvemento do Estado de Dereito no noso país. A estructura interna do presente libro permite unha rápida e clara aproximación e interpretación dos contidos que aquí se presentan. Primeiro, expóñense as leis unha a unha, para facilitar a súa localización e coñecemento, sinalando se están derrogadas, modificadas ou vixentes. Logo, analízanse en conxunto e por subconxuntos, comparándoas e agrupándoas por materias e sectores. Ó longo de todo o texto, e mais especificamente na parte final, inclúense algúns elementos técnicos, contextuais, de reflexión e críticas, como unha achega para a mellora da calidade e da comprensión das case duascentas primeiras leis de Galicia.