Nesta traxedia contemporánea, como a define o autor, participan cinco personaxes alegóricos e nela faise unha crítica á sociedade do século pasado válida tamén para o actual, tal como van as cousas- partindo da intolerancia e represión provocadas por unha guerra por unha ditadura- que levan mesmo aos fusilamentos, como é o caso do pai asasinado que lle pide a súa filla, a través de cartas, que nunca esqueza o pasado por moito que este se intente borrar, ocultar e "adornar". En definitiva, é unha homenaxe á memoria, ao "coñecer, para non volver sufrir o esquecido". Foi estreada pola Aula de Teatro da Universidade de Compostela o día 4 de decembro de 2002 no Teatro Principal da cidade compostelá.