A serie de Xerais Peto As Literatas ofrece unha nova entrega: Ana, soror
unha novela breve, traducida por María Xosé Queizán, na que a grande escritora francesa Marguerite Yourcenar aborda con inusual profunidade a cuestión do incesto. Ana, soror
é un fermoso e sensible relato que conta a historia de dous irmáns, Ana e Miguel, que perden a súa nai tras unha longa enfermidade e que quedan unidos para sempre por unha relación que levarán en secreto deica a morte. Para a traductora e prologuista do libro, María Xosé Queizán, é sorprendente a profundidade co que a Yourcenar aborda o tema do incesto, un tema que é símbolo de todas as paixóns sexuais, tanto máis violentas canto máis reprimidas, máis castigas e máis ocultas. Na novela de Yourcenar non hai violencia, senón que reborda tenrura, sensualidade, amor. A sensualidade do texto non consegue ser superada polo ambiente relixioso. O marco da Contrarreforma no que se insire, o predominio relixioso, o ascetismo da vida familiar na gris fortaleza onde habitan, contrasta enormemente co esplendor da baía de Nápoles, a exuberancia dos corpos e das froitas, a calor incendiando os corpos, as galopadas de Miguel queren-do superar sobre o cabalo os arrebatos sexuais, a febre, o sangue, incluso o fedor ascenden-te da podremia da morte. A pesar do entorno virtuoso no que se educan Ana e Miguel, todo o ambiente que crea Marguerite Yourcenar conduce á turbación dos sentidos. Toda a obra transmite o ardor do desexo irrefreable da parella protagonista, esculcando o proceso de incubación do desexo ata o seu total cumprimento, cómo se lles vai desvelando aos protagonistas, cómo medra nos seus corpos. Para María Xosé Quiezán, paralelamente a temperanza da súa nai Valentina, a autora mostra o arrebatado amor dos seus fillos, ás obsesións de Miguel e ás angustias de Ana, un armazón de amor e morte de forte sensualidade, exposto coa elegancia e a perfección habituais nas obras de Marguerite Yourcenar.