Recóllense en oito volumes as ponencias do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas, o máis importante neste campo, que se celebrou en Santiago de Compostela no ano 1989. O Vol. VIII recolle os traballos presentados á Sección X, títulada "Historia da Lingüística e da Filoloxía Románicas", e á Sección XI, titulada "Traballos en curso e programas de investigación nacionais e internacionais". Na sección X atopamos unha conferencia plenaria sobre o estado actual e perspectivas da lingüística románica, unha mesa redonda sobre as teorías da linguaxe e a súa influencia no desenvolvemento dos estudios de lingüística románica, así como unha serie de comunicacións sobre aspectos diversos: estudios sobre as ideas lingüísticas de importantes autores, etc. Na Sección XI danse a coñecer unha serie de traballos en curso de elaboración e programas de investigación nacionais e internacionais.