A utilidade do inútil é un manifesto que reúne citas e reflexións dos que Nuccio Ordine fixo acopio durante a súa ampla experiencia como profesor e investigador. Está estruturado en tres partes: unha primeira sobre a útil inutilidade da literatura e a achega de personaxes do eido da cultura que abordaron este tema ao longo da historia; outra que analiza a repercusión da lóxica do beneficio no ámbito do ensino, da investigación e das actividades culturais en xeral dende o punto de vista do que o autor califica criticamente como universidade-empresa e estudantes-clientes; e por último, unha mostra de clásicos que tiveron efectos destrutivos na dignitas hominis, a través da ilusión da riqueza e da prostitución da sabedoría.