Hermannus Künig ofrécenos, máis aló dun relato de viaxes, unha guía de peregrinos publicada en 1495 que pretende proporcionar consello e axuda a todos os que teñan a vontade de facer o Camiño. A peregrinaxe e o camiño de Santiago, de Hermann Künig, tivo unha singular repercusión en Alemaña, como acreditan as numerosas edicións que se fixeron das súas follas. Ofrécese aquí o texto e versión da primeira edición, de 1495, con anotacións e comentarios dos profesores K. Herbers e R. Plötz.