En Galicia é costume arraigado dispoñer de certa parte do terreo da casa para a horta familiar.Nos últimos anos, a evolución da agricultura, que introduciu novas técnicas de cultivo, tamén trouxo consigo malas interpretacións acerca do que se debe e non se debe facer. Ademais, cando se consulta algún libro sobre a horta, céntrase en referencias aplicadas ás grandes zonas productoras de hortalizas, que pouco teñen que ver coa realidade galega. A nasa horta é un manual encamiñado a corrixir, orientar e confirmar as boas prácticas agrícolas dentro das nosas casas e partindo da nosa realidade.A linguaxe do libro e o seu carácter didáctico, acompañado de ilustracións, fotografías e debuxos, fan que sexa válido tanto para o agricultor profesional como para afeccionados, pois aborda en profundidade os temas hortícolas de Galicia, e faino desde esa pequena escala que é a parcela da horta da casa.A nosa horta trata todos os aspectos do solo, planta, clima, protección e ordenamento dos cultivos, e a propia saúde das plantas, aplicados a máis de 40 cultivos.