A nación incesante é unha memoria activa e lúcida sobre o país vivido, sobre a experiencia da súa historia e sobre o pulso máis actual do seu decorrer político. Todas as dimensións que o presente fornece polarizan unha análise crítica rigorosa e unha óptica que permite proxectar o futuro. Pensar unha nación é construír un vieiro de libre paso, unha paisaxe de texturas plurais onde se plasmen os anceios dos que foron e dos que son solidariamente mulleres e homes comprometidos coa idea dunha Galiza no universo. Xosé Manuel Beiras é un dos homes que máis leva loitado por esa nación incesante que vén do pobo e que ten a súa máis nidia raíz na liberdade e na xustiza social que ese pobo reclama.