Quen foi realmente Xesús de Nazaret? Desvelando séculos de opacidade e escurantismo, este libro ofrece unha resposta clara e precisa. Através da análise rigorosa das fontes e da consulta e estudio dos máis prestixiosos especialistas, coñecemos as complexas relacións sociais do seu tempo (coa resistencia xudía á dominación romana como pano de fondo); o nacemento, a filiación, os irmáns, María de Magdala..., a formación intelectual e relixiosa. Asemade, achegamos as claves que informan a mensaxe do Mestre, co anuncio do Reino como premisa fundamental. Finalmente, explicamos as causas que o levaron ao prendemento e á execución na cruz.